Pekín Express IV: Yekaterimburgo - Omsk
Desta vez, as sete parellas que quedan entrarán en Siberia, a parte asiática de Rusia, saindo de Yekaterimburgo, pasando por Petuchow, onde tivo lugar a proba de inmunidade, pare rematar en Omsk.
A noite anterior á saída da etapa, Juanan e Tony estiveron facendo un repaso dos demais concursantes; segundo eles, as xemelgas sempre visten igual, José non se lava (só a roupa), Mario e Carlos "fardan" do que teñen... unha demostración de mal facer por parte desta parella de amigos e á vez, drags.
O inicio do programa consistirá en achegarse até un obelisco que simboliza a división entre Asia e Europa, onde cada parella debe facer unha foto, cun membro da parella situado en cada continente. Para iso, nas bolsas estancas que lles facilita o programa levan incluída unha cámara. Sen embargo, este ponto non está en dirección a Petuchow, o que suporá que teñan que percorrer quilómetros en sentido contrario, para tomar a instantánea.
As xemelgas Idoia e Ainhoa son as primeiras en parar un coche facendo autostop, o que tamén as sitúa primeiras á hora de atopar o obelisco. O propio "chófer" xa lles dixo a foto. Pero non todos os concursantes puideron facela... Javier e Martha trabucáronse e supuxeron que o obelisco quedaba de camiño a Petuchow e, unha vez descuberto o erro, preferiron continuar, maila non saber exactamente que beneficio tería ter sacado a foto.
O tempo volveuse desapacíbel... chóvelles, e iso fai que algúns concursantes desesperen, como foi o caso de Bego e Noel, que polo desespero dela deciden convertirse na primeira parella en abandoar o programa pola súa propia conta.
Chega a hora de buscar aloxamento
Á hora de buscar aloxamento, a José e Oier ofrécenlle un sitio moi "agradábel", un camión abandoado, preto dun clube, onde cean e José incluso se anima a bailar un pouco... Pola súa banda, Idoia e Martha atopan unha casa preto dunha estrada, onde lles ofrecen unha cea variada e contundente en familia, após de rezar e bendecir a mesa.
Juanan e Tony quedaron na casa dun tal Igor, un persoaxe moi peculiar, que mostrou un interese especial pola súa atención. Ademais, gozaron dunha sesión de sauna.
Continúa a carreira
Ao continuar a carreira, houbo algúns que tiveron sorte, como foi o caso das xemelgas, que xa sairon da casa onde pasaron a noite coa dona da mesma, que as levou no seu coche; tamén Igor levou aos seus convidados, Juanan e Tony no seu coche.
Proba de inmunidade
Desta vez, poderían participar 6 das 7 parellas na proba de inmunidade. En vista de como ía a carreira, case era obvio dicir que as xemelgas serían as primeiras en chegar até Petuchow, como foi o que aconteceu. Aló as agardaba Paula Vázquez, que logo de comprobar que tiñan feita a foto lles adianta que terán que tomar unha decisión que será "determinante".
Javier e Martha, que como dixen antes non fixeran a foto no obelisco, non puideron participar desta proba, situándose en derradeiro lugar; isto serviu para que Fernando e María puidesen participar, maila ter chegado os últimos.
Idoia e Ainhoa foron nomeadas para formar dous equipos, escollendo parellas; Ainhoa escolle a Fernando e María e Mario e Carlos, que levarán cintas azuis, mentres que Idoia escolleu a Juanan e Tony e Jose e Oier, identificados con sendas cintas vermellas.
A proba tivo dúas fases. Nun primeiro momento, tiñan que pasar por unhas táboas situadas sobre unha piscina de lodo, que estaban colocadas formando unha especie de X alongada... a proba gañaríaa o primeiro equipo que lograse pasar completo até o outro lado, que foi o capitaneado por Ainhoa. Para a segunda fase do xogo, na que só podía participar o equipo gañador, uniuse tamén Idoia, por ser parella de Ainhoa, e consistiu en atopar un coche en miniatura dentro da mesma piscina de lodos. Atopar, atoparon moitos, pero todos brancos, sendo o que debían buscar vermello. Os gañadores desta proba foron Mario e Carlos.
Comeza de novo a carreira
Despois de saír da piscina de lodos, Carlos e Mario foron agasallados, amén da inmunidade, con tres coches, un para eles, co que percorrerían 60 quilómetros e dous para regalar a dúas parellas, pero que levarían aos concursantes en dirección contraria 40 e 50 quilómetros, respectivamente. A difícil decisión que tiveron que tomar recaeu sobre José e Oier e Martha e Javier.
O resto de concursantes, descoñecedores de que os coches ían en sentido contrario, mosquéanse, sobre todo as xemelgas, que non entenden esa elección, o que fai que sospeiten que hai "algo raro", pero pronto póñense mans á obra na procura dun coche. E o fan pronto, montando nun con dous señores, que ao pouco de arrancar paran para beber... isto provocou, debido ás présas que levaban, que se enoxaran por ter que parar, perdendo os papeis até o ponto de chamarlles fillos de puta, alcólicos e demais... nunha mostra de falta de respeito pola súa banda, sabendo que isa foi esa práctica foi unha tónica habitual por toda Rusia.
Cando Jarvier e Martha e José e Oier danse conta de que van en sentido contrario, as reaccións son diferentes: os primeiros, sobre todo Javier, amosan un disgusto temporal, pero logo xa se decide a continuar. Pola súa banda a reacción de José e Oier é de "o xogo é así", unha mostra de deportividade.
19.00h, dentense a carreira
O sinal de parar a carreira colle a María e Fernando onde as xemelgas, polo que van a buscar aloxamento xuntos, motivo que enche de ledicia ás dúas parellas. Pola súa banda, José e Oier e Martha e Javier tamén coinciden e buscan aloxamento xuntos. Estas dúas parellas mostraron nesta etapa unha complicidade singular, debido a ser "elexidos" para "desfrutar" do cohce en sentido contrario.
Tony e Juanan pasan a noite nunha casa, onde lles ofrecen de cear algo que non lles ten moi boa pinta, polo que se fan pasar por vexetarianos, dándolles variedade de herbachos a escoller....
Chegada á meta e clasificacións
Coa luz do día, continúa a viaxe cara Omsk, uns a bordo dun camión (Fernando e María), outros nun "autobús" (Tony e Juanan) e Martha e Javier, xunto con José e Oier coinciden dúas veces, primeiro nunha furgoneta e logo nun bus.
Desta vez, a meta atópase na entrada dun museo da cidade. Os primeiros en chegar foron Mario e Carlos, maila que gozaban da inmunidade. María e Fer foron os seguintes, e pouco despois ca eles chegaron as xemelgas Ainhoa e Idoia. Juanan e Tony desfrutaron do cuarto posto, seguidos de Martha e Javier e José e Oier, que chegaron de últimos.
Mais, como sabedes, hai unha "segunda oportunidade", co tema do sobre que Paula Vázquez ten preparado e que pode conter unha tarxeta vermella (expulsión) ou ver (continuación). E, desta vez, tocou verde! Así pois, José e Oier disfrutan dunha nova oportunidade, iso sí, cun handicap que inda non foi desvelado. Que lles amparará o futuro?
Impresións
Carlos e Mario foron sometidos a unha dura decisión. Dura, ou máis ben polémica, inda que coido que fixeron ben a elección, xa que, a parte de que Martha e Javier e José e Oier xa tiñan gañado algunha etapa, eran cos que menos relación tiñan.
Pola súa banda, teño moita máis confianza na parella formada por Fernando e María. Está visto que cando as cousas van ben, e eles síntense ben con eles mesmos, sae todo ben.
Coido que, ou moito se torcen as cousas, ou Juanan e Tony serán os vindeiros expulsados. Maila crear algún momento de humor, non me gusta o criticóns (en sentido malo) que poden chegar a ser...
O vindeiro luns, máis e... mellor?
O vídeo: Juanan e Tony, a punta de pistola
Xa notei que non funciona... a ver se o arranxo... :P