Expandir contido

Seme galego, Galiza Calidade

Estes días estase a falar dos resultados dun estudo que se levou a cabo hai uns meses para determinar a calidade do seme nos xoves do Estado español.


O estudo, tivo unha campaña moi informal, materializada a través da web Hoy no te lo pongas. Agora, unha vez tomadas as mostras e feito estudo, apreséntanse os resultados, que indican que o seme dos galegos é o mellor de todo o Estado.



Dos tres parámetros estudados na análise, a concentración de seme é o que os expertos consideran máis importante, xa que é o que menos varía coa idade e, ademais, considérase o indicador da futura fertilidade. Aquí, Galiza toma a vantaxe, con só un 8,5% dos xoves con níveis de concentración inferiores aos recomendados pola OMS (20 millóns/ml). No polo oposto atópase Catalunya e a Comunitat Valenciá, onde esta porcentaxe ascende até o 22,7%.

Ademais, segundo este estudo, a influencia do alcol, das drogas, do estrés e da idade non é concluínte, é dicir, non hai un empeoramento da calidade do seme por estes factores.

Sen embargo, consideran que a contaminación inflúe considerabelmente nos resultados.

Como broche final, dicir que a doutora López-Teijón, traballadora deste estudo, asegurou que "o único que mellora a calidade do seme en individuos san é exacular moito, só ou acompañado, xa que iso elimina os espermatozoides mortos"... así que xa sabedes, é a nosa sáude...

2 Responses so far.

  1. Luisinho says:

    Tiñas que pórlle ao artigo o título do de Chuza: "non hai mellor lefa que a galega", mira que botei risas lendoo. Se exacular e san, exaculemos todos pois!

  2. jajajajajjajajjaajaj

    xuntouse a fame coas ganas de comer... xD