Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta curiosidades. Mostrar todas las entradas
Que non vos leve a engano o título da entrada, non vou falar da xira de U2, se non dunha viaxe a través de imaxes espectaculares. 360º a toda cor a golpe de clic

Algúns exemplos (levan son):
Hai uns días o meu amigo Luís fíxome chegar os datos dun estudo elaborado pola Asociación Española de Economía Dixital sobre o uso de Twitter, do que se desprenden datos moi interesantes sobre os usuarios, que paso a resumir:

- Hai máis homes ca mulleres.
- A franxa de idade 'tipo' é de 25-34 anos.
- Preto do 80% teñen titulación superior.
- O 95% segue a algunha empresa
- O 70% accede cada día

Moi bo o final :D



[Fonte]: GadgetoBlog
Cantos megapíxeles ten a túa cámara? Imaxinas unha foto de 70 Gigapíxeles (70 mil megapíxeles)? É realmente impresionante.

Trátase da fotografía con maior resolución que hai e cubre unha vista en 360º de Budapest. A imaxe pode verse nesta ligazón, lamentábelmente precísase Microsoft Silverlight, polo que só é posíbel vela dende Windows ou Mac. Para velo en Linux precísase Moonlight (descargar acó)

[Ligazón á imaxe]: Imaxe
[Fonte]: Eliax
Segundo Visual Economics (vía Microsiervos), a isto:


Vigo. Hora punta. Imaxinade que vos ides mover pola cidade en metro (imaxinade tamén que Vigo ten metro). Na parada da Porta do Sol, baixa moita xente que vai cara a zona vella. As escaleiras mecánicas van colapsadas, mentres que polas 'manuais' apenas sube xente. Como invertir isto? Unha solución podería ser convertir estas escaleiras en teclas dun piano



Situacións coma esta son ás que prestan atención na web The Fun Theory: facer de cousas simples ou cotiás un divertimento: unha afombra tocadiscos, unha papeleira musical, ou un colector de botellas de vidro ao estilo arcade.

Así que non vos sorprendedes se ao abrir o colector de vidro soa unha musiquiña...
Malia que poida levar a confusións, o título desta entrada non ten nada que ver con aquela canción da Xeración Xabarín.

Non falo de nada novo se digo que dende que as aplicacións de Google Maps e Earth popularizaron a visión de satélite do noso planeta, apareceron centos de lugares curiosos que adquiren unha dimensión maior ao ser vistas dende o ceo.

Chamoume moito a atención o seguinte mapa visto no blogue Fogonazos, no que os edificios que aparecen (en Australia) parecen cables USB.


Outras cousas de interese:
Non é doado acadar unha boa postura para traballar cun portátil cando andamos con el por aí, posto que non sempre estamos en lugares idóneos para as posturas acaídas para unha boa saúde lumbar.

Co obxetivo de corrixir estes malos hábitos, dende o Departamento de Saúde e Prevención de Vodafone, fixeron un par de vídeos.

Vídeo 1: O portátil na casa:



Vídeo 2: O portátil en mobilidade


Falar de Twitter hoxe en día non é nada novidoso, nin moito menos. A rede social de microblogging por excelencia permite aos usuarios compartir novidades, ligazóns ou o que quixer en mensaxes tweets de 140 caracteres.

Existen certas limitacións de uso en Twitter, quizais menos coñecidas, mais cando menos curiosas:

- Permite un máximo de 250 mensaxes directas (MD) ao día.
- Permite un máximo de 150 tweets/hora, até acadar un máximo de 1000 tweets/día
- Permite un máximo de follows/día
- Permite un máximo de 15 caracteres por nome de usuario
- [A máis coñecida] Permite un máximo de 140 caracteres por tweet.


Sempre gostei dos espectáculos de sincronización e acrobacias aérea, do estilo da Red Bull Air Race ou das patrullas militares.

Polo que se di, este vídeo correspóndese coa homenaxe da Patrouille de France aos 50 anos de Ásterix. Dubido da súa veracidade, pero de ser certo, molaría moito.




Casualidades ou non, hoxe chegou a min unha ligazón a un vídeo do Youtube que falaba das marabillas do Discoverer Enterprise.

Axiña viñeron a min lembranzas da plataforma que construída no estaleiro de Astano que aquel 13 de xaneiro de 1998 foi bater contra a ponte d'As Pías, illando durante meses a cidade de Ferrol. Lembranzas porque por aquela época eu, un pícaro fillo de traballador do estaleiro fenés, adoitaba ir a todas as botaduras de canto se construía nos diques.

E na procura de información ao respeto, atopei cun documental no Youtube, composto por cinco vídeos. Recomendo unha visión cando menos dos primeiros minutos da primeira parte para lembrar aquelas impresionantes imaxes da mole na ponte:



[Resto de vídeos]: Parte 2 - Parte 3 - Parte 4 - Parte 5

Hoxe comecei unha sesión de readedo - termo adoptado de Luís - dos blogues que sigo e atopei con este interesante vídeo que recolle o estado de Internet en números.


[Fonte]: Microsiervos


Readeando (accion de ler blogues que sigo a través do Google Reader) atopeime coa composición musical deste vídeo, realizada por James Theophane e o seu equipo de LBI con 50 teléfonos móbiles HTC.

Estes trebellos, controlados dende un ordenador central, poden dar lugar a singulares pezas como esta. Desfrutádea.

[Vía]: Yoigo
Estes días estase a falar dos resultados dun estudo que se levou a cabo hai uns meses para determinar a calidade do seme nos xoves do Estado español.


O estudo, tivo unha campaña moi informal, materializada a través da web Hoy no te lo pongas. Agora, unha vez tomadas as mostras e feito estudo, apreséntanse os resultados, que indican que o seme dos galegos é o mellor de todo o Estado.



Dos tres parámetros estudados na análise, a concentración de seme é o que os expertos consideran máis importante, xa que é o que menos varía coa idade e, ademais, considérase o indicador da futura fertilidade. Aquí, Galiza toma a vantaxe, con só un 8,5% dos xoves con níveis de concentración inferiores aos recomendados pola OMS (20 millóns/ml). No polo oposto atópase Catalunya e a Comunitat Valenciá, onde esta porcentaxe ascende até o 22,7%.

Ademais, segundo este estudo, a influencia do alcol, das drogas, do estrés e da idade non é concluínte, é dicir, non hai un empeoramento da calidade do seme por estes factores.

Sen embargo, consideran que a contaminación inflúe considerabelmente nos resultados.

Como broche final, dicir que a doutora López-Teijón, traballadora deste estudo, asegurou que "o único que mellora a calidade do seme en individuos san é exacular moito, só ou acompañado, xa que iso elimina os espermatozoides mortos"... así que xa sabedes, é a nosa sáude...