Expandir contido

"Vinte anos deixando pegada"

Recollo hoxe este artigo extraído do xornal da comarca do Eume Pegadas, feito a raíz dunha entrevista que mantivemos Marcos Sánchez e eu para falar sobre Galiza Nova.

Vinte anos deixando pegada

Con este lema celébrase o vinte aniversario da organización Galiza Nova.

Con motivo do vinte aniversario, dende Galiza Nova Cabanas (do que é responsábel Iago Varela) e Galiza Nova Pontedeume, idearon que a mellor maneira de homenaxear a formación era celebrar un concerto, ao que estaban convidados todos que quixeran asistir.

O pasado vintedous de agosto, os grupos The Arradios, de San Sadurniño, e Arenga, de Pontedeume, déronse cita na discoteca "Coliseo". Baixo o lema "vinte anos deixando pegada", todos os asistentes tararearon cancións tan coñecidas coma "miña terra galega..." En definitiva, unha homenaxe que non deixou indiferente a ninguén.

Proxectos

Asustos relacionados coa mellora do transporte público, por estrada e ferrocarril recóllense no blogue http://galizanovacabanas.blogspot.com. Outros máis actuais como o cumprimento da toponímica, segundo a lexislación vixente da normalización lingüística máis o desastre dos ríos Eume e Chamoselo, denúncianse dende a formación presidida por Iago Varela.

Por outra banda, de cara ao outono estase a preparar un programa de actividades, no que se inclúen mesas redondas, charlas, mitins, pero sempre de forma "bidireccional" recalca Varela, "non se trata de soltar o roio e xa está", senón que ambas partes teñen que interactuar, as opinións e propostas son sempre ben recibidas.

Tanto Marcos Sánchez coma Iago Varela coinciden en que o obxectivo final é "facer chegar o proxecto nacionalista á mocidade galega". Iago Varela (Responsábel comarcal da zona do Eume, Ferrol e Ortegal), de vintedous anos e Marcos Sánchez (Responsábel Comarcal de Organización), de vintesete, levan dous e quince anos, respectivamente dentro de Galiza Nova. A razón pola que entraron a formar parte desta formación foi, sobre todo, o obxectivo de mobilizar a xuventude galega para acadar a transformación da sociedade, como enfatiza Varela: "hai que traballar dende dentro para mudar as cousas. Un pola súa conta non fai nada"

2 Responses so far.

  1. Anónimo says:

    Sí, teño que darlle a razón a Denébola, está pouco politizado, e aínda que o meu obxectivo non era politizar senon informar, debo dicir na miña defensa que este artigo pasou antes polo No-Do e o seu contido cambio sustancialemte.