"A Constitución e a tradición sacralizada", un artigo de Francisco Rodríguez
Déixovos cun artigo de Francisco Rodríguez que leva o título de A Constitución e a tradición sacralizada.
A Constitución Española é un híbrido de pouso franquista con adobío democrático para aplicar a unha realidade socio-política, económica e lingüística-cultural complexa. Plasma, de forma elocuente, quen controlou a “Transición”, cal foi a correlación de forzas. Obviamente expresa os medos e a negativa a enfrontar o problema da estrutura institucional do Estado conforme á súa realidade plurinacional. Insírese nunha forma de incardinación do réxime democrático nun elo no que o peso dun pasado antidemocrático goza de relevo. Ás veces preténdese xustificar este peso en nome dunha tradición española con forte incidencia social. Desgrazadamente non só a letra senón a aplicación da Constitución Española non fai máis que afortalar esta interpretación con frecuencia. Está alentada sen dúbida por aclaracións equívocas ou propostas contraditorias no propio texto constitucional. Por exemplo, no referido á aconfesionalidade do Estado ou ao sistema educativo. Curiosamente, nestes aspectos a letra do texto constitucional é interpretada cun ritmo e unha melodía que reforza o peso dunha tradición antidemocrática. Non de outra maneira se pode entender, após máis de 30 anos, a forza práctica da cooperación dos poderes públicos coa relixión católica. Esta cooperación sitúase por enriba da aseveración constitucional de que “ningunha confesión terá carácter estatal”. Nesta mesma liña, con máis artillaría constitucional, se aplicou o artigo 27 sobre o dereito á educación. As consecuencias á vista están: unha rede de ensino confesional privado, subvencionado con fondos públicos, nos que non é infrecuente a falla de respecto por principios constitucionais fundamentais; a presenza da relixión católica como asignatura no sistema privado e no público; a asunción da formación relixiosa e moral dentro do sistema educativo conforme ás conviccións dos pais. Non é de estrañar que mesmo nos centros de ensino público presidan espazos colectivos símbolos da relixión católica. A lexítima demanda da súa retirada, apoiándose en criterios constitucionais, mesmo avalada xudicialmente, chega a criar conflitos, nos que o goberno permanece indolente e esvaradizo. De forma paradoxal chega a afirmar que a presenza ou non destes símbolos debe resolverse no ámbito de cada centro... Parece tratarse dunha cuestión de gustos individuais ou de correlación de forzas. Non existe norma de valor constitucional, de aconfensionalidade, nin de respecto polo pluralismo relixioso ou de crenzas.
Se entramos na denominada cuestión territorial, a contradición é maior, os medos aínda máis ameazantes. Sabedores da existencia de pobos, de nacionalidades diferentes, decidiron, en renovada formulación da tradición orteguiano-xoseantoniana, que España era a única nación, “patria común e indivisible de todos los españoles”. Obrigadamente (o peso da tradición histórica transferido en indicación impositiva polo ditador) a democracia encarnouse en réxime monárquico. Os antecedentes democráticos parecían estar na restauración borbónica, após o sexenio revolucionario e a Primeira República no século XIX, deixando o período da Segunda República no limbo, paradoxalmente o antecedente democrático máis próximo. Velaí toda unha visión da historia, da que hoxe aínda se está intentando saír... Verdadeiramente, o marco autonómico resulta hoxe un galimatías e unha fonte de contradicións. Primeiro foi a súa malintencionada xeneralización. Máis tarde unha continua obsesión polos seus límite competenciais. Sempre a permanencia de burocracias inúteis. Resulta difícil de aceptar que se mantivese constitucionalmente a estrutura administrativa dun estado centralista (provincias e deputacións) con todas as súas secuelas. Porén, o exercicio da práctica política lembra que unha cousa son as nacións e outra as rexións, que non se pode falar de autonomía política ou de autogoberno cando non hai autonomía financeira, nin regras de xogo que garantan a igualdade e a lealdade entre os distintos poderes políticos que exercen tarefas de goberno. A concepción de soberanía e o seu exercicio na actual Constitución impón un concepto de unidade que se fundamenta na hierarquización, na subordinación e na secundarización respecto do poder político central. Eis unha das graves retos pendentes, que se expresa en termos ben incisivos en todo o que fai referencia a cooficialidade dos idiomas que non son o castelán nos seus propios territorios.
Rubio Llorente, un dos asesores dos poñentes da Constitución, vén de avogar (El País, 02-12-2008) pola conveniencia de abrir un debate sobre a reforma constitucional. Detecta “un exceso de veneración por ella”, como si for “un texto sagrado recibido de arriba”. O ex-presidente da Generalitat, Maragall, recoñeceu hai pouco que o novo Estatut catalán representa un intento de reforma constitucional sen tocar a Constitución. Vai na orientación de facilitar unha futura reforma, desde un ámbito máis favorábel á democratización e á ruptura co peso da tradición histórica española. Se se pecha esta vía de presión e lexitimidade democrática desde as nacións do estado, estase agoirando que as reformas posíbeis desde as propias Cortes irán sempre nunha orientación que non romperá con dous sarillos do pasado, dúas tradicións sacralizadoras: a relixión como fonte simbólica ou ritual lexitimador das institucións do estado, e o imperio como concepción do poder.

Publicar un comentario