Renfe, Renfe
Hai uns días Renfe fixo público o seu desexo de suprimir seis paradas na liña nocturna que une as cidades de Ferrol con Madrid: Pontedeume, Betanzos-Cidade, Curtis, Guitiriz, San Clodio-Quiroga e A Rúa-Petín, o que sen dúbida suporía un prexuízo para as galegas e galegos que empregasen este servizo que se terían que desprazar máis para poder subirse ao tren. Mais finalmente, segundo se puido ler hoxe na prensa, Renfe recuou e non levará a cabo esta medida tan negativa
A compañía ferroviaria está a levar a cabo políticas que lonxe de mellorar empeoran, e moito, o seu servizo. Eu era (e en certa medida sigo a ser) usuario habitual do Eixo Atlántico, entre as cidades de A Coruña e Vigo. E como tal, saíame rendíbel coller un dos bonos que ofertaban o ano pasado: Bono 6 (6 viaxes a consumir en 2 meses) e Bono 10 (10 viaxes a consumir en 3 meses). Pero este ano, nese afán de mellora decidiron que os Bonos 6 e 10 tivesen unha caducidade inferior, dun mes en ambos casos.
Outra das melloras de Renfe nestes últimos tempos nos trens que percorren Galiza de norte a sur foi a implantación do sistema de asignación de asentos: isto é, que cando ti colles o billete xa tes a túa praza asignada. Isto non estaría de todo mal se non fose porque os vendedores non teñen a posibilidade de seleccionar o asento, senón que se fai de xeito automática, o que saque o sistema...
Pois ben, posto no meu caso: Carmen e eu dispoñémonos a coller un tren en A Coruña. Ela vai para Santiago, eu continúo para Vigo. Solicitamos ir xuntos... resposta? A ver que saca o sistema! Pois o sistema ubicounos a cada un nun vagón...
Para cando unha compañía galega que atenda as nosas necesidades?
Publicar un comentario