Presentación da candidatura por A Coruña
Hoxe á mañá celebrouse no Hotel NH Atlántico da cidade de A Coruña a presentación oficial da candidatura do Bloque Nacionalista Galego pola provincia de A Coruña, de cara ás eleccións que terán lugar o vindeiro marzo.
Abriu a quenda de palabras Ana Pontón, quen destacou o labor desenvolvido polos membros da candidatura na universidade, no feminismo, na saúde, no ámbito sindical, no agro, no asociacionismo... alén de facer especial fincapé no paritario da lista, pois conta exactamente co mesmo número de mulleres ca de homes.
Pola súa banda, Anxo Quintana destacou no seu discurso o afán do BNG por participar en canto debate haxa por principios, non por oportunismos, facendo especial referencia a Alberte Núñez Feijoo. Alén diso, Quin destacou que a campaña do BNG xirará sobre os tres piares de valentía política, gobernar sen ataduras e un proxecto comprometido co país.
[Vídeo] A nova na Galega
Deputado! Deputado!
Eu me conformaba que acadáramos ata o nº 17,pola Coruña,¿ou non?,abofé que si,veña unha aperta que temos moito traballo que realizar neste mes,unha aperta dende a "boca da Ría ",saúde e ADIANTE CO BNG , e por certo , eu TAMÉN SON ANXO QUINTANA
treboada