Un lavado de cara
Despois de teren elixido unha nova plantilla, de modificala ao meu antollo, de engadir unha nova imaxe "marca" do sitio, voilá.
O novo deseño non muda moito do anterior, cores un tanto máis claras, esquecendo o negro... e unha imaxe máis veraniega da ría de Ares, co areal da Magdalena (vulgarmente "praia de Cabanas") ao fondo.
O resto dos contidos... pois xa vedes, moi similar. Quedan moitas ligazóns por engadir, mais algunhas ficaron perdidas porque contaba que as tiña engadidas ao Google Reader e non... así que, se vedes que o voso blogue non está onde debera, deixádeme comentario ou enviade correo a iago@iagovarela.eu
Bo domingo!
Me caghin nas geivotas do PP, ísa zona ,fáiseme coñecida, ben, pois si señor,Vaia LAVADO de Páx, que lle petáches compañeiro,a mín góstame,sobor de todo, a "vista Panorámica", esperando que te vaia ben todo, pois vou botar unha "sonata" dunha longa noite de vento mareiro, unha aperta compañeiro..
dende a bocanada da ría