O ADSL "económico" de Telefónica
Que Telefónica e cara para o mal servizo que da non é ningunha novidade. A última... resulta que están a ofrecer un "ADSL 3 Mb económico" para aqueles clientes que queren marchar da compañía (que raro!)... a nova saiu esta semana en moitos xornais, xa que é curioso que ofrezan un prezo menor polo que habitualmente costa 39,90 €/mes (ao que hai que sumar aluguer de liña e un longo etcétera, co que sae nuns 68 € e algo...).
Chamo ao 1004 e digo que quero información sobre esa tarifa, preguntando amabelmente... dinme que "non existe" e que son "bulos de prensa". Que se quero podo contratar unha velocidade maior (6 Mb en promoción) por 29,90 € durante algúns meses... enfádome coa operadora: "como osa vostede ofrecerme unha velocidade da que non teño cobertura?" Dime que é "o único que me poden ofrecer". Colgo.
Deixo pasar unha noite. Chamo esta tarde e dígolles "Quero dar de baixa o servizo ADSL" "Por que?" "Polo prezo"... bingo! Ofrécenme exactamente o mesmo que teño por 47 € (con ive e todo...), isto é 21 € menos por mes polo mesmo!!! Incríbel

Lin por ai que R esténdese a Cabanas Ares e Mugardos... así que xa poderás fuxir de Timofónica!
Xa está operativo, o que pasa que WIMAX (inarámbico), que esixe visión directa coa antena, que non é o caso ;)
De todos xeitos, R vai ofrecer ADSL a partires do outono... ;)
A verdade que se pasan os de timofónica!! en fin... viva R!!
Timofónica é o que ten, saben que se marchas non volves asi teñen q coidar os clientes q amenacen con darse de baixa