Mellorando Móbil R
O 20 de novembro do 2007 lanzouse de xeito comercial móbil R, todo un fito para a empresa galega R, que pasou a dar así un servizo de telecomunicacións completo (fixo, internet, televisión e móbil).
A chegada de móbil R prodúxose en medio do boom das OMV (Operadoras Móbiles Virtuais), que moitas veces viñeron parellas a prezos verdadeiramente competitivos (Pepephone, por exemplo, ofrece chamadas por 6 cént/min. a calquera hora e/ou destino).
Quizáis por iso, moitos agardaban que R entrara nesa dinámica de ofrecer prezos moi competitivos (por baixos), coma o resto. Mais, como dicía aquel spot publicitario da compañía cando comezaba a extender a fibra óptica por Galiza adiante, R é un pouco diferente.
Cómpre destacar que R é un OMV completo, o que quere dicir que inda que non teña rede propia (antenas), non é un revendedor de minutos ou mensaxes (coma Masmóvil, Díamóvil, Carrefour Móvil...). Isto implica, entre outras moitas cousas, que conta cun equipamenteo de rede propio, para preparar todas as plataformas necesarias para os servizos de voz, datos e multimedia que ofrecen aos seus clientes.
A oferta de voz resúmese en dúas tarifas: tarifa flexíbel (coa que o prezo por minuto varía entre 19 e 15 céntimos, dependendo do número de chamadas) e tarifa tarde (7 cént/min. en horario de tarde ou fin de semana e 29 polas mañás). O prezo das mensaxes curtas (sms) tamén depende do número que se envíen (variando entre 15 cént. e 11 cént).
Mais R ofrece algo máis, algo que non ofrecen o resto de OMV: módulos de aforro.
Dunha banda, simplemente por ter varios móbiles dentro dunha mesma conta de contrato, as chamadas entre eles son de balde (até un máximo de 60 minutos por chamada). Por outro lado, existe un módulo de favoritos que por unha cota de 3 euros ao mes permite chamar a 3 número a prezos máis baixos (0 cént/min se son R, 6 cént/min para outros operadores).
O problema que até ben pouco tiña R estaba nas tarifas de datos, que até ben pouco eran os seguintes:
10 Mb: 6 €/mes
1 Gb: 29 €/mes
Exceso de consumo: 0,50 €/Mb
A comezos de verán, móbil R mellorou sensibelmente estas tarifas, adaptándose ás demandas dos usuarios. Así, as novas tarifas de datos vixentes dende xullo, son as seguintes:
50 Mb: 6 €/mes
250 Mb: 12 €/mes
1 Gb: 19 €/mes
3 Gb: 39 €/mes
Ademáis, con esta actualización, non se cobra o exceso de consumo; o único que acontece é que se reduce a velocidade de conexión a 64 Kbps.
Esta mellora de servizo e prezo consolidan a móbil R como unha alternativa real e de calidade fronte ás "grandes". Con máis de 34.000 clientes ao pechar o 2008, convertiuse no 4º operador en portabilidades a nivel do Estado, maila competir somentes en Galiza.
A partires de setembro/outubro, móbil R presentará novos modelos de terminais e, segundo se especula por algún foro de Internet, poderíase presentar unha tarifa máis reducida... agardemos a ver que ocorre!
[Ligazon]: Móbil R

Publicar un comentario