Penetración de servizos finais e de infraestruturas de telecomunicación en Galiza
Onte dei de casualidade co Informe de Penetración de Servizos Finais e de Infraestruturas de Telecomunicación do 2008, elaborado pola Comisión do Mercado das Telecomunicacións (CMT).
Para analizar un pouco os resultados, compareinos cos do informe correspondente ao 2007 e voilá:
No 2007 había activas en Galiza 1.137.562 liñas de telefonía fixa, fronte ás 1.125.482 do 2008; iso maila o cambio no número de habitantes que, inda que escaso, tivo un saldo positivo.
No que ten a ver coas liñas móbiles (modalidade postpago), había no 2007 un total de 1.583.303 fronte ao 1.623.612 do 2008. Estes datos confirman a tendencia cada vez maior ao uso da telefonía móbil fronte ás liñas fixas, que moitas veces quedan activas só por mor da esixencia de contrato parello cos servizos de Internet.
A penetración da banda ancha en Galiza traducíase no 2007 en 229.761 liñas con tecnoloxía xDSL e 124.369 de fibra óptica. Ambas as dúas experimentaron un crecemento importante en tan só un ano, acadando os 265.238 clientes en xDSL e 145.586 a tecnoloxía de cable.
O reparto do pastel da banda ancha no 2007 situaba a Telefónica co 47,7% da carteira de clientes fronte ao 37,4 de R e o 14,9% do resto de operadores. O 2008 non trouxo consigo cambios importantes: Telefónica subiu case un punto, co que se situou no 48,5%, R o 37,7% e o resto de operadores o 13,9%.
Por outra banda, na telefonía móbil, Movistar dispuña do 44,7% dos clientes no 2007, Vodafone do 37,1%, Orange do 17,7% e o resto do 0,5%. No 2008, pola contra, Movistar perdeu clientes situándose no 43,6% do total; Vodafone, pola contra, experimentou unha subida importante de 3 puntos, acadando o 40,4%. Orange, perdeu 5 puntos e situouse no 12,8%. Ademais, cómpre destacar o notábel aumento do resto de operadores, que chegou ao 3,2%.
[Fonte]: CMT
[Descarga 1]: Informe 2007
[Descarga 2]: Informe 2008

Publicar un comentario