Expandir contido

BlogDay'09

Hoxe, como cada 31 de agosto (dende hai 5 anos), celébrase en todo o mundo o BlogDay, ou o Día dos Blogues. A verdade e, inda que nalgunha ocasión o teño "celebrado", este ano pasábase por completo. Menos mal que alguén se encargou de lembrarmo...

O que se adoita facer para conmemorar este día é que dende cada blogue se citan outros 5 que o autor considere... así que aí van os meus:

1.- A Galiña Azul : É un blogue de recente creación, que toma con humor (como han tomarse as cousas na vida) as desfeitas do Goberno Feijóo no que ten a ver coas escolas infantís.

2.- A regueifa Netlabel : É unha especie de blogue onde podemos atopar arquivos de música para descargar aos nosos computadores, inda por riba, de balde. E legal, claro.

3.- O Bichero : Trátase da bitácora de Luis Davila, debuxante galego. Define as súas viñetas como "humor de colleita".

4.- Xataka Móvil : Unha chea de información sobre os últimos terminais móbiles, normativa, cambios e comparatativas tarifarias.... os primeiros en estar á última.

5.- Que che parece : É o blogue oficial de R, onde se comentan as novidades desta compañía e outros temas relacionados co mundo das telecomunicacións.

Agardo que sexan do voso agrado ;) E pasade un bo BlogDay!