Crónica dunha portabilidade (VI)
Despois dunha longa espera (dende o 2 de setembro), por fin podo desfrutar do ADSL a través de R, e pásovos a comentar un pouco en qué estado está todo o proceso de cambio.
Ben, o día 2 de setembro contactaba con R e iniciabamos os trámites da portabilidade da liña fixa e das móbiles. O día 3 de setembro o que é a liña fixa xa era de R, mais había que agardar a que Telefónica se decidise a soltar o ADSL para poder proceder ao cambio, cousa que non ocorreu até hai 2 días, o 16 de setembro.
Ese día, tal e como nos anunciaran que ocorrería dende R, o ADSL deixou de funcionar, así que chamamos ao número de atención ao cliente de R, 1449, para comentárllelo. Inmediatamente ofrecéronnos a visita do técnico para esa mesma tarde ou o día seguinte, mais como non nos era posíbel estar pendentes eses días, demorámolo até hoxe a primeira hora.
Á hora acordada apareceu o técnico co router, un DrayTek Vigor2700e, e púxonos a conexión en marcha. En menos dunha hora tiñamos a conexión lista.
Até o de agora, ningún problema. Os diferentes test de velocidade que fixen superaron o 90% da velocidade contratada (3 megas), así que moi contento nese sentido. E na atención, todo hai que dicilo.
O que ainda non sucedeu son as portabilidades dos móbiles. Teoricamente teríamos que ter recibido a documentación para devolver a R e que eles comecen as negociacións con Vodafone para a transferencia dos números, mais o certo é que nestas dúas semanas inda non recibimos nada, e iso que, segundo din, xa nos enviaron as solicitudes en dúas ocasións. Haberá que chamar outra vez...
Se che liches isto, pódeche interesar...
Crónica dunha portabilidade (I)
Crónica dunha portabilidade (II)
Crónica dunha portabilidade (III)
Crónica dunha portabilidade (IV)
Crónica dunha portabiliadde (V)
Crónica dunha portabilidade (VII)

Publicar un comentario