Expandir contido

Google Wave, o novo de Google

A pasada Google I/O (conferencia para desenvolvedores), Google aproveitou para presentar en sociedade Google Wave, unha nova ferramenta chamada a revolucionar o mundo da comunicación en rede, afondando no correo electrónico, na mensaxería instantánea, nas redes sociais e no microbloging.

Resumindo e obviando moito, vén a ser unha aplicación web que reinventa o concepto do correo electrónico, fusionando este coa mensaxería instantánea a todos os níveis. Os correos serán como conversas, con corrección automática en tempo real, creación de vínculos entre conversas, integración de gadgets externos (para uso de enquisas, mapas, vídeos)... mais non só iso: integrará o visualizador de vídeos do Youtube e de imaxes de Picasa, evitando ter que ter un paquete ofimático instalado no computador.

En definitiva, Google Wave vén a ser unha unificación de todos os servizos que ofrece Google, facendo máis sinxelos todos os procesos.

[Vídeo]: Conferencia de presentación (1h,20min,12s)




[Fontes]: Google Wave, Maestros del Web, Revista R nº 107