Móbil-R saca a tarifa máis baixa do Estado
Xa é oficial. Despois de moita rumoroloxía polos foros da Internet, hoxe xa se deu a nova: R saca a tarifa de móbil máis barata do Estado.
Coa nova tarifa, chamada Tarifa Mini, poderase chamar a calquera destino estatal (fixos e móbiles) por 6 céntimos/minuto as 24h. Pola súa banda as sms terán un prezo de 9 céntimos/sms. Todo isto cun consumo mínimo de 6 euros, compensábel entre as diferentes liñas dun mesmo contrato, e sen permanencia.
Pola contra, con esta tarifa, non será posíbel coller un móbil subvencionado, e tampouco se terá o de 0 cént/min entre as liñas do mesmo contrato.
Iso si, permite contratar os módulos de aforro R con R (3 cént/min a calquera fixo ou móbil R por unha cota mensual de 3€/mes) ou favoritos (3 números cos que falar por 0 cént/min se son R ou a 6 cént/min se son doutras compañías cunha cota mensual de 3€/mes).
A verdade é que é toda unha revolución na telefonía móbil do Estado. Parabéns.
Fonte: Blogue de R

Publicar un comentario