Expandir contido

Crónica dunha portabilidade (VII)

Ben, xente, parece que esta Crónica está chegando ao seu fin.

Como vos adiantaba no capítulo anterior, dende o 16 de setembro xa dispomos do ADSL indirecto de R, o cal vai coma un tiro. Mais o que tardou un pouco máis foi, maila o meu presentimento inicial, as portabilidades dos móbiles.

Parece que houbo algún problema loxístico que retrasou o envío da documentación e, como non chegaba, chamamos para realizar a gravación de voz equivalente. Feito isto, as cousas axilizáronse notábelmente. A finais da semana pasada xa tiñamos data para a ventá de cambio: o 5 de outubro.

Dende aquel día, foron moitas os intentos de Vodafone por reter clientes, todas infructuosas. Pola súa banda, R anunciáranos que 2 días antes do cambio teríamos na casa os novos terminais móbiles e as tarxetas SIM. O certo é que o xoves 1 xa estaban na casa.

Así que nada, todo preparado. Só queda agardar ao luns, no que o cambio será xa unha realidade.

Se liches isto, pódeche interesar...

Crónica dunha portabilidade (I)
Crónica dunha portabilidade (II)
Crónica dunha portabilidade (III)
Crónica dunha portabilidade (IV)
Crónica dunha portabiliadde (V)
Crónica dunha portabilidade (VI)