Cabanas Street View
Hoxe fiquei sorprendido lendo a prensa: Google Street View xa está dispoñíbel na Galiza. Até aí, nada novo: foron moitas as novas que veñen circulando dende hai tempo pola rede ("O coche de GSV fotografía Compostela"...).E inda que xa se contaba que antes de 2010 estivese dispoñíbel, por aquilo do Xacobeo, saber que xa era posíbel acceder a este servizo, aledoume.
Así que comecei a buscar sitios coñecidos nas cidades de Vigo e A Coruña (casas de amigos, étc). Mais a sorpresa veu ao descubrir que parte de Cabanas tamén está fotografada. Non a súa totalidade, mais si as principais estradas (a de Ferrol, a de Ares, a de As Pontes...) alén de toda a zona da Praia da Magdalena. En fin, que xa hai entretemento...

Publicar un comentario