Comparando Internet por USBs
Hoxe un amigo contactou comigo para que o asesorase para elixir unha opción para acceder a Internet a través do portátil cun "pen" usb.
A pregunta pode parecer sinxela, pero non o é tanto. E obriga a formularnos novas cuestións: prepago ou contrato? uso excesivo ou moderado? que cobertura hai onde vas conectar habitualmente?
E logo, que compañía? O auxe dos OMV fai que a opción "compañía" se multiplique...
En fin, que me puxen mans á obra para buscarlle a información. O primeiro que fixen antes de surfear polas páxinas das operadoras foi habilitar unha táboa para ir comparando a información.
Tiven en conta as seguintes compañías: Vodafone, Movistar, Orange, e Yoigo. Dos OMVs R, Pepephone, Simyo, Masmovil e Blau. O resto están máis orientados a chamadas e sms.
Operadoras que usan a rede de Vodafone: R e Pepephone.
Das tres posibilidades, só Vodafone ten ofertas de cartón prepagamento agrupados en até seis opcións diferentes, pero que van dende os 19 € por 7 días ou 250 MB até os 59 € por 1 GB para consumir en 90 días.
Entre as opcións de contrato para un consumo reducido, Pepephone é a priori a opción máis barata (17 €/1 GB), fronte aos 19 €/1 GB de R ou 19€/500 MB de Vodafone. Mais, hai que ter en conta que nas opcións de R e Vodafone, unha vez acadamos o límite de tráfico de datos redúcese a velocidade, pero sen pagar máis. Non así en Pepephone, que cobra 3 cént/MB adicional.
Para consumos maiores, habemos ir a Vodafone 39€/4 GB ou R 39€/3 GB. En ambos casos, redúcese a velocidade superado o límite.
Operadoras que usan a rede de Orange: Simyo, Blau, Masmovil.
As opcións con rede Orange para cartón prepagamento son Simyo e Orange. Neste sentido, Simyo oriéntase a un perfil máis puntual, cunha oferta de 0,99€/día/100 MB e Orange máis ao semanal 19€/semana/1 GB.
Se nos imos a contrato, arrasa a opción de Simyo con 5 GB por 24,99 €. Ademais, a partires dese tráfico non cobra nada adicional.
Movistar e Yoigo
Non considerei ningún operador ligado á rede de Movistar (porque non están orientados a datos), mais indirectamente, para a zona de onde é o meu amigo, poderíase considerar a Yoigo como un OMV, xa que inda non está instalada a súa rede na zona, polo que usa a de Movistar.
A opción prepago de Yoigo, paréceme cara: 3 €/100 MB.
En canto a contrato, Yoigo da máis por menos: 25 € por 3 GB, fronte aos 30 € por 1 GB de Movistar. Se ben é certo, que de novo atopamos que Movistar reduce a velocidade acadado o límite e Yoigo cobra por MB adicional.
Se xa imos a un consumo máis elevado, Movistar é a nosa opción, con 10 GB por 49 €, tamén con redución de velocidade logo de acadar esa cantidade.
Conclusións
Non podemos dicir alegremente que unha compañía e cara ou barata. Haberá que analizar cada caso particular, responder ás preguntas que facía ao comezo deste post.
[Descarga]: Comparativa que fixen

Cando clicko para ver a comparativa pásame isto:
Sorry, vitor does not have permission to view this page. Please verify you are using the correct account, or contact the site owners.
Supoño que non só é cousa miña, pono público :D
Creo que xa está dispoñíbel ;)