Onde Comer: A Cofradía de Rinlo

Mais o certo é que non lle dei moito uso. Non por non querer senón máis ben porque ao regreso non me coincidía ter algo de tempo para adicarllo ao blogue e logo, co paso do tempo xa non me lembraba.
Hoxe, froito dunha conversa na casa, lembrei un sitio que visitamos a finais do 2007, A Confradía de Rinlo.
Hei de dicir que o descubrimento foi casual. Apareceu nun dos episodios do programa Galicia, cruce de miradas, que dirixían Antón Reixa e Antonio Segade. E foi destes sitios que dis: teño que ir!
Rinlo, pertencente ao Concello de Ribadeo, ten as súas orixes hai máis de 500 anos como porto baleeiro. Esta tradición maniféstase tamén en ter a segunda confradía de pescadores máis antiga do Estado Español.
Este porto é coñecido por ser o lugar, din, no que se crían as mellores langostas, bovagantes e centolas de toda a costa cantábrica, debido a que as rochas contan con centos de convas e recovecos formados polas fortes ondas que baten a costa.
A carta de A Cofradía de Rinlo está asolagada de manxares típicos do mar (bogavante, boi, nécoras, navallas, bacallau, bonito, pescada...). Mais se algo fai ter sona ao lugar é o seu arroz caldoso de marisco, cuxo prezo (29 euros para dúas persoas) non é para nada excesivo, e inda menos ao comprobar o delicioso que resulta. Iso sí, se queremos probalo é preciso indicalo no momento de facer a reserva. De feito eu recomendaría que inda que non se fose a comer o arroz caldoso se fixese reserva, pois o local non é excesivamente grande.
E xa de estar pola zona, cómpre visitar a vila de Ribadeo e a famosa Praia das Catedrais. Imos... que queda un día completo e agradábel ;)
A Cofradía de Rinlo
Web: http://www.cofradiaderinlo.com
Teléfono: 982.123.007
Publicar un comentario