Expandir contido

Reflexións sobre a televisión e Internet

Froito dunha explicación que tivemos hai uns días nunha clase plantéxome a seguinte pregunta: está a televisión acabada?

A verdade é que é unha cuestión de non moi doada resposta, porque entran en xogo multitude de factores. Se ven é certo que as cotas de share son cada día máis baixas.

Os factores deste descenso son moitos: o aumento de canles, sobre todo agora coa chegada da TDT, a excesiva publicidade... mais sobre todo Internet. Hoxe en día é máis que habitual que unha persoa busque en Internet a súa serie favorita e use unha das múltiples plataformas de visión online (as webs das propias canles de tv ou outras alternativas) ou decida descargala ao seu ordenador para vela noutro momento ou pasala a un disco duro dixital e ver así o programa en cuestión a través do seu aparello de televisión.

E que vantaxe ten iso? Pois que podemos ver o que queremos cando queremos e sen publicidade. Abondo non?

É obvio que o modelo de negocio das televisións estase desmoronando: a xente fuxe cara Internet --> Menos share --> Menos anunciantes --> Menos ingresos --> Máis anuncios "low cost" --> Telelixo.

E que fan mentres as corporacións televisivas? Criticar Internet. Cando sae Internet nos telexornais? Cando se fala dos perigos das redes sociais, da indefensión dos menores, da pornografía e pederastia, do sinxelo que resulta mercar medicamentos...

Vós oídes algo bo de Internet na televisión?

One Response so far.

  1. Eu son dos acérrimos defensores de internet. É máis, estoume especializando en xornalismo electrónico porque creo que aí é onde está o futuro. Agora ben, aínda quedan moitos anos de convivencia entre os distintos medios, e a televisión vai ser dos que máis aguante. A día de hoxe internet é máis ameaza para o papel que para o audiovisual.

    Saúdos!