Expandir contido

Onde Comer: A Palma

Hoxe lembreime de que tiña o tag 'ondecomer' un tanto esquecido, así que aproveitando a saída de hoxe para xantar fóra nun novo - descoñecido por nós - sitio en Vilar de Mouros (Concello da Capela, A Coruña), chamado A Palma.

A especialidade do lugar son as carnes á pedra (solombos de tenreira, churrasco, chuletóns...), inda que tamén existen outras opcións, como carnes á pementa ou peixes. Entre os primeiros, típicas sopas, polbo á feira, polbo con gambas, zamburiñas, ameixas... E xa, nas opcións de sobremesa existen bastantes opcións caseiras, como o requeixo (típico da Capela), mousse de chocolate (a elixir, negro ou branco), tortas varias, flans...

Hoxe por exemplo escollimos unha de zamburiñas e unha de polbo con gambas para compartir, e logo solombos de tenreira á pedra. Todo exquisito. Os sobremesas foron variados. Eu collín o mousse de chocolate negro, os meus pais unhas cañas recheas de crema e torta de dous chocolates. Todos moi saborosos tamén.

En definitiva, un sitio recomendábel e pretiño da casa.

Restaurante A Palma
Vilar de Mouros, 6. A Capela, A Coruña
Teléfono: 981.459.552


Ver Restaurantes nun mapa máis grande