Expandir contido

GMaps Navigation e busca por voz, dispoñíbel en España

Por fin Google activou hoxe en España o Google Maps Navigation, unha ferramenta que mellora moito nos móbiles con GPS. É unha ferramenta ben útil e vistosa, posto que combina o GPS co bo de Google Maps, incluíndo por suposto a capa de Google Street View (visión real), visión satétile e buscas no mapa.

Ademais, vén de habilitar as procuras de voz en español. Estiven a probar este sistema esta mañá e funciona realmente ben, unha gozada.

Agardemos que non tarden moito en ceibar acó a actualización a Android 2.2, que xa temos ganas!


6 Responses so far.

  1. Entendo que isto permitiría empregar un GPS sen necesidade de ter Tom Tom?

  2. iago says:

    Un gps non, un móbil con gps :)

  3. Perdoa, a iso me refería.

    Por exemplo, o iPhone ten tecnoloxía GPS, pero non o podo "explotar" se non pago os tropocentos euros que custa a aplicación do TomTom. Entendo que con isto podería empregalo totalmente gratis?

  4. Vale, acabo de ver que de momento está en versión beta e só o teñen dispoñíbel para Android. Terei que agardar.

  5. iago says:

    Exacto. Actualiza a aplicación de GMaps e debería terche o Navigation. Xa me dirás

  6. iago says:

    Ah vale.. pois iso, cando o instales coméntame. Mola moito, aviso jaja