Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta google nexus one. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta google nexus one. Mostrar todas las entradas
Por fin Google activou hoxe en España o Google Maps Navigation, unha ferramenta que mellora moito nos móbiles con GPS. É unha ferramenta ben útil e vistosa, posto que combina o GPS co bo de Google Maps, incluíndo por suposto a capa de Google Street View (visión real), visión satétile e buscas no mapa.

Ademais, vén de habilitar as procuras de voz en español. Estiven a probar este sistema esta mañá e funciona realmente ben, unha gozada.

Agardemos que non tarden moito en ceibar acó a actualización a Android 2.2, que xa temos ganas!


Non sei como definir cun concepto esta entrada no blogue... deixémolo nun 'consello útil'.

Sen lugar a dúbidas, unha inconveniencia dos móbiles táctiles é precisamente que ao andar todo o día manoseando neles as pantallas quedan cheas de pegadas.

Para limpar esas manchas e coidar de non raiar a pantalla, o mellor que hai son as gamuzas que se empregan para limpar os lentes. Un par de pasadas, e queda a pantalla como nova :)
Hai uns días falábavos nunha entrada anterior dunha web na que, situándose nun mapa asistido por Google Maps, podíase analizar que antenas e de que compañías nos dá cobertura, ferramenta que creo pode ser bastante interesante á hora de elixir a nosa compañía de móbil tendo en conta os lugares nos que nos movemos habitualmente.

Posteriormente a escribir esa referencia no meu blogue, descubrin a aplicación Antennas para Android, que instalei no Nexus e andiven probando estes días. A ferramenda indica e xeolocaliza as antenas arredor, tamén grazas a GMaps, e indica factores como o tipo de sinal e a súa forza. Como punto negativo, hai que dicir que consume bastante batería, se ben é certo que usado puntualmente non se nota ese consumo non habitual.

Prezo: de balde

[Descarga Antennas para Android]: Se tes unha aplicación de lectura de códigos QR (Barcode Scanner, dispoñíbel de balde en Android Market), achega a cámara do teu móbil ao código seguinte para baixar Antennas

Esta entrada de hoxe é un tanto especial, xa que vai orientada a participar nun sorteo do blogue El Androide Libre, que para celebrar o seu novo deseño sortean un Nexus One e un pack dunha camisola, chapa e boneco Android.

Si, xa sei que teño un Nexus... pero non o boneco, que mola moito, ou? E se toca o Nexus... pois que lle imos facer? Sempre pode ser un bo agasallo :P

Animádevos a participar, quizáis vos convirtades nuns Androides :P

[Ligazón 1]: Blogue El Androide Libre
[Ligazón 2]: Entrada coas bases do concurso


Se máis ou menos segues o meu blogue, saberás da miña admiración polo novo terminal de Google, o Nexus One. Dende onte, xa teño o meu!

Estou pensando en facer unha review do aparello, que non hai nada semellante feito en galego. Xa veremos. Polo de agora, déixovos unha imaxe:

Interesante análise en vídeo do Google Nexus One feito por El Androide Libre.

Google presentou estes días unha serie de 5 episodios coa 'historia' do seu teléfono, o Nexus One. Gustáronme bastante, así que paso a compartilos convosco

Capítulo 1: Concepto e deseño



Capítulo 2: Display e 3D Framework



Capítulo 3: Testeado



Capítulo 4: A manufactura



Capítulo 5: Día un







[Fonte]: TVspotblog
"Polo momento, tense anunciado unha distribución do terminal
con Vodafone para Europa,

unido á súa dispoñibilidade como terminal libre"

Enrique Dans

Os que me coñecedes un algo - ou bastante, segundo se mire - xa sabedes do meu gusto polos gadgets tecnolóxicos e pola telefonía móbil. Mais o certo é que en raras ocasións tiven a oportunidade de ter terminais ou elementos á última, non por falta de ganas, senón porque non sei até que punto sería lícito aproveitarse de máis de quen che paga os gastos...

O certo é que dun tempo a esta parte estoulle dando voltas a aproveitar a fin da permanencia e o cambio de compañía para facerme cun smartphone táctil á que poderlle sacar o máximo partido. Dende sempre mirara con interese os terminais con Android, o sistema operativo baseado en Linux. Mais quizáis o último empuxonciño deumo Vítor, cando publicou no seu blogue o post co que participaba no concurso promovido por and.roid.es. Foi aí cando comecei a cavilar na idea de ligar o Android a un terminal HTC.

Resultou que nin Vítor nin eu resultamos agraciados co premio do concurso, mais el fíxose co terminal pola súa conta, un HTC Magic. Logo de ver in situ as marabillas deste, xa tiña o ollo posto no meu obxetivo: un HTC con Android.

Foi entón cando entrou en escea a todopoderosa Google. A rede foise enchendo dun rumor que cada vez ía collendo máis forza: un novo terminal de Google. Foron aparecendo fotos, vídeos... filtracións que pouco antes de final de ano parecían unha realidade cando Google convocou unha rolda de prensa para o 5 de xaneiro. E así foi. Ese día, presentábase o Google Nexus One, un terminal HTC, táctil, Android... vamos, con todo ao que eu aspiraba.

Ademais, desvelouse tamén o método de adquisición nos EUA: libre ou ligado a un contrato de permanencia coa compañía T-mobile. O prezo, nada esaxerado: 530 dólares (~370 euros). O misterio de quen o comercializaría en Europa desvelaríase días despois, Vodafone.

Entón, a min xurdiume unha dúbida: íase poder atopar libre acó? Senón, todas as miñas esperanzas nexunianas quedarían en nada... pois, a xulgar polas palabras de Dans, parece ser que sí. Así que agora só queda agardar á primavera, 'data' na que chegará a Europa. Ah! E que a conversión dólar-euro non sexa a habitual nestas cousas, i.e. 530 $ = 530 €!

[Fonte]: Probando el Nexus One