Expandir contido
Mostrando entradas con la etiqueta android. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta android. Mostrar todas las entradas
Achégase o Nadal, esa época de consumismo asaxerado. Entre as novidades tecnolóxicas deste ano, eu pediríalle aos Reis Magos as seguintes:

1.- Un Nexus S


O sucesor do Nexus One, un completísimo smartphone dotado da última versión de Android, Gingerbread. Verá a luz a mediados de decembro nos EEUU, e o 20 no Reino Unido. O resto do mundo terá que agardar.

O seu prezo 529 $. Máis información en Mallando na e-ira.

2.- iPod nano

8 ou 16 GB de música, radio FM, Genius... toda a música que queres no novo iPod de Apple, que ademais ten unha autonomía de 24h sen interrupción.

Dende 159 €.

3.- Blu:sens web:tv


Con este dispositivo pódese ter todo o contido multimedia do fogar centralizado, TDT, ver na televisión contido en liña... ademáis fabricado por unha empresa galega, Blu:sens. Máis información en Mallando na e-ira

O seu prezo: 149 €

4.- Globe Tips.



A solución para quen queira usar o seu smartphone táctil sen ter que sacar as luvas. Máis información na súa web (clic acó)

Prezo non dispoñíbel

5.- Camisola Android

E se queres gastar algo menos, por arredor de 15 € tes unha camisola Android. Hai centos de modelos, cuestión des escoller.
Como pasa o tempo! Hai preto dun ano participaba no concurso dos amigos do blogue androide And.roid.es. Daquela eu aínda non era androide, pero agora que o son, son adicto ao bonequiño verde :D

O caso é que cumpren 2 aniños, e como son así de majetes, fan un concurso que mellora o do primeiro aniversario. Participando, pódese gañar calquera destas cousas:
  • Primeiro premio: Un Samsung Galaxy Tab
  • Segundo premio: Un Samsung Galaxy S
  • Terceiro premio: Un Samsung Galxy i5800
  • Cuarto e quinto premios: Un Vodafone Joy 845
  • Do sexto ao vixésimo premios: unha camisola androide
Estarédesvos preguntando que é o que hai que entrar no concurso. Pois é moi doado, facer un post dicindo por que che gusta and.roid.es e que mellorarías e cubrir este formulario. Así de sinxelo.

Pois ben, a min gústame porque dan moitos consellos sobre Android e sempre están á última. Ademais teñen un logo a hostia de chulo. En canto ás melloras, sacaríalle algo de publi ;)

[Poña acó a súa publicidade]: Aproveitando a ocasión, dicirvos que xa sabedes que en Mallando na e-ira contamos coa sección Mallando no Android, o único lugar onde se fala de Android en galego.
Clicar aquí para ver a imaxe máis grande.


Sabemos que hai estudos de todo tipo, algúns dignos de ter un Guinness á parvada máis gorda.

"Os propietarios de iPhone son os usuarios
de móbiles con maior actividade sexual"

Entre os smartphones máis avanzados podemos distinguir 3 tipos: iPhones, BlackBerry's e Androides. Según este estudo, os usuarios de iPhone (Apple) teñen unha media de 12,3 parellas sexuais, os de BlackBerry 8,8 e na derradeira posición, os de Android (Google), con 6.

Terá que ver isto con que Steve Jobs (Apple) cape os seus terminais?
Por fin Google activou hoxe en España o Google Maps Navigation, unha ferramenta que mellora moito nos móbiles con GPS. É unha ferramenta ben útil e vistosa, posto que combina o GPS co bo de Google Maps, incluíndo por suposto a capa de Google Street View (visión real), visión satétile e buscas no mapa.

Ademais, vén de habilitar as procuras de voz en español. Estiven a probar este sistema esta mañá e funciona realmente ben, unha gozada.

Agardemos que non tarden moito en ceibar acó a actualización a Android 2.2, que xa temos ganas!


Vídeo oficial coas novidades da nova versión de Android


Dúas semanas despois de que se anunciase que Android contaría cumha aplicación oficial de Twitter, onde saltaba a nova de que xa estaba dispoñíbel no Android Market, así que baixeima para probala.

A miña impresión é rara, despois de estar acostumado a usar o Twidroid. Cando se inicia a aplicación, aparece a pantalla de inicio da dereita, na que podemos ver a liña temporal de Tweets, as listaxes, as mencións, os retweets, as mensaxes directas ou o noso perfil. Ademais, na parte inferior amósanos os trendic topics, unha característica interesante.

A liña temporal de tweets é moito máis visual cá de Twidroid, sen embargo podes ver un número menor de tweets. Maila iso, non me disgustou este feito, sera cuestión de acostumarse.

En canto á configuración de certos aspectos, a cousa inda non está moi avanzada, xa que por exemplo só permite empregar dúas ferramentas de compartir imaxes (twitpic ou yfrog). Fáiseme algo raro, acostumado ao twitgoo, mais tampouco supón ningún problema. É de supór que en vindeiras actualizacións haxa máis opcións.

Se cadra, a característica máis salientábel e que me parece máis interesante é a sincronización cos nosos contactos. Unha vez que iniciamos sesión (ou a posteriori, no menú de configuración), permítesenos sincronizar os nosos contactos tamén co Twitter, polo que logo, ao acceder a un contacto agrégase o t característico do Twitter ás outras opcións de comunicación que tiñamos (teléfono, sms, correo electrónico, Facebook...), o que sen dúbida é moi interesante.

Cómpre sinalar que a aplicación só está dispoñíbel para Android 2.1 e superior. Ademais, no rato que estiven xogando con ela descubrín que inda ten algún bug que forza o peche (por exemplo, ao mirar as mencións). É de supor que isto estará corrixido nalgunha actualización próxima. Alén diso, ten bastantes erros de tradución, nada que faga o uso inentendíbel, mais non é de agrado.

Eu coido que vou continuar co twidroid polo de agora, xa que molesta bastante que a aplicación non funcione ben ao 100%, mais coido que será a 'aplicación do futuro', que para algo é a oficial e supoño que mimada.

[Descarga Twitter para Android]: Se tes unha aplicación de lectura de códigos QR (Barcode Scanner, dispoñíbel de balde en Android Market), achega a cámara do teu móbil ao código seguinte para baixar Twitter para Android
[Fonte das imaxes]: As capturas de pantalla, así como o código QR foron sacados de El Androide Libre
GoogleTV é o novo proxecto da xigante Google, orientada a crear televisións da man da xigante Sony baseadas en Android, para desfrutar de todas as posibilidades que pode ter ofrecer Internet na televisión e baseadas nun sistema aberto e moldeábel como Android.

Segundo se agarda, será en maio cando se presente.


Xa van máis de 50.000 aplicacións, das cales máis do 60% son de balde. O crecemento é dunhas 9.000 novas aplicacións ao mes.

[Fonte]: A imaxe foi tomada de El blog de dos yogures
Hai uns días falábavos nunha entrada anterior dunha web na que, situándose nun mapa asistido por Google Maps, podíase analizar que antenas e de que compañías nos dá cobertura, ferramenta que creo pode ser bastante interesante á hora de elixir a nosa compañía de móbil tendo en conta os lugares nos que nos movemos habitualmente.

Posteriormente a escribir esa referencia no meu blogue, descubrin a aplicación Antennas para Android, que instalei no Nexus e andiven probando estes días. A ferramenda indica e xeolocaliza as antenas arredor, tamén grazas a GMaps, e indica factores como o tipo de sinal e a súa forza. Como punto negativo, hai que dicir que consume bastante batería, se ben é certo que usado puntualmente non se nota ese consumo non habitual.

Prezo: de balde

[Descarga Antennas para Android]: Se tes unha aplicación de lectura de códigos QR (Barcode Scanner, dispoñíbel de balde en Android Market), achega a cámara do teu móbil ao código seguinte para baixar Antennas