Expandir contido

Chamoso


Outono, serán. Pos as luvas,

fóra vai frío. Vento, cicloxénese.

Asfalto, terra. Camiñas sen rumbo,

mais sabes onde vas. Atracción, meigallo.

Orgullo, sorriso. Chegas ao teu destino,

todo está coma sempre. Auga, area.

Solpor, marexada. Sentas, marabíllaste,

disfrutas. Soidade, clímax.

Satisfacción, pensamento. Prosegues o teu camiño.

Volves á casa.  

Es alguén novo.