Cambiando de aires: uns días cun Nokia Lumia 820
Nokia foi, noutro tempo, a referencia no sector dos terminais móbiles. Por que mans non pasaron aqueles resistentes 3310? Baterías que duraban semanas, o típico xogo da serpe e mesmo a famosa melodía do Nokia tune fixeron que, para moitos, Nokia fose toda unha institución.
Sen embargo, nos últimos anos Nokia experimentou unha baixada de cota de mercado espectacular no sector dos smartphones, quizais por agardar demasiado a ver que facían outros como Apple co seu iOS ou os mil e un fabricantes que empregan a plataforma Android de Google.
Doutra banda Microsoft tampouco pasaba polo seu mellor momento. Windows xa non vendía coma antaño e no sector da telefonía móbil non acababa de acertar. Por iso a unión de Nokia e Windows para lanzar novos produtos sorprendeu e fixo que nos formulásemos dúas posíbeis preguntas:
- Estamos ante unha unión de perdedores? Ou, pola contra,
- A unión de Nokia e Microsoft é o impulso definitivo que precisan (precisaban?) ambas empresas?
O resultado desa unión é a serie Nokia Lumia, da cal tiven oportunidade de probar con tranquilidade o Lumia 820, con Windows 8.
O primeiro que me chamou a atención do terminal, ademais do seu bo packaging, foron os acabados, que dan sensación de gran calidade e robustez. Iso si, resultoume un tanto pesado, nin máis nin menos que 160 gramos de bicho.
Como todo smartphone que se prece hoxe en día, conta cos sensores e elementos de conexión típicos (GPS, WiFi, NFC, microUSB...). Ademais permite a carga inarámica, aínda que non foi algo que puidera probarlle.
O procesador é un dobre núcleo a 1,5 GHz, que consigue que todo o sistema operativo funcione con fluidez, tanto ao usalo coas características básicas como cando executamos algún que outro xogo. A pantalla, de 4,3 polgadas reacciona sen maior problema ás nosas peticións táctiles e ten tamén un brillo que resulta máis que satisfactorio para traballar co terminal en exteriores. Peca un pouco de resolución, aínda que tampouco é unha falta reseñábel.
Dispón de dobre cámara, de 0,3 megapíxeles a frontal (básica) e 8 a principal. Esta última si que consegue uns resultados que poderíamos considerar bastante óptimos, aínda que lonxe da calidade de dispositivos como o Galaxy S III de Samsung ou o iPhone 5, ambas tamén de 8 megapíxeles.
A memoria interna é de 8 GB, máis ca suficiente para a meirande parte dos usuaios. Tamén se pode aumentar o espazo a través de tarxetas microSD (ae 32 GB).
No que ten a ver co sistema operativo, resulta un cambio de concepto con respecto a Android, o sistema operativo móbil que adoito empregar na miña vida diaria. Botei en falta aplicacións do estilo das que considero básicas. Doutras, as alternativas resultan moi vistosas e doadas de empregar pero con moita menos funcionabilidades que nas versións de outros sistemas operativos. Quizais teña moito que ver a escasa madurez do mercado de aplicacións, polo que pode ser unha cuestión temporal.
Noutras palabras, semella que Windows Phone está pensado para usuarios que non quren complicarse, consumidores pasivos máis ca xeradores de contidos; persoas que queren unha ferramenta que lles resolva as súas necesidades de comunicación... e punto. Calquera usuario con ganas de máis sentiráse un tanto capado.
Resulta interesante ver como Nokia incorpora ferramentas de software propias que melloran moito o sistema operativo, como Nokia Maps, Nokia Conducir, Nokia Música, Nokia Reading, Nokia Transportes ou Nokia Vista Urbana, e que poderíamos comparar coa suite típica de Google en Android.
Tamén é interesante ver como é a integración coa nube, aínda que está moi ligada a SkyDrive, o servizo de Microsoft.

Publicar un comentario