Expandir contido

Timofónica e as súas marabillosas ofertas


Máis unha vez, Timofónica déixame abraiado cos titulares que protagoniza: Telefónica duplicará esté verán de 3 a 6 Mbps as velocidades aos clientes de ADSL sen custo adicional.

Ben! Pensei eu, parece que polo menos van mellorando algo o seu servizo, porque o custo non baixa... pero a miña sorpresa durou pouco.

Resulta, que lendo un pouco máis, infórmome de que "non suporá gasto a maiores aos clientes que na actualidade xa gocen do servizo de antivirus" (1 euro máis do normal, 40,90 €). Primeira decepción, xa que ese cambio non afectará a todos "de balde", léase, a min.

Pero aí non remata o caso, a cuestión é que Telefónica "estima" que só poderá facer este cambio no 20% dos casos, namentes que no 80% restante esta implantación será moito máis pausada por cuestións "técnicas".

En fin, falando curto e claro, unha merda, un apaño máis do "xigante" das telecomunicacións no Estado. Por que non aprenderán do operador galego R?

R non só aumentou as velocidades, senón que baixou os prezos das mesmas! Telefónica só sube, e sube... e mira de cobrar máis e máis (agora até cobrarán o servizo de identifiación de chamadas a quenes non teñan un "Dúo" ou "Trío")...

No rural, o tema é incluso peor, porque se chegan a pagar barbaridades por servizos precarios. A lo menos, dende a Cosellaría de Innovación e Industria estanse a desenrolar redes WiMax nos concellos onde a dificultade de instalación de Internet é maior, e mesmo nos polígonos industriais, como o de Vilar do Colo, en Cabanas.

6 Responses so far.

  1. Anónimo says:

    Yo era cliente de Telefónica hasta que nos pusieron R en el edificio y nos cambiamos.

    Y es verdad, por lo que antes pagábamos sólo de Internet, con R tenemos más velocidad y también televisión... mis padres también cambiaron a R sus móviles, yo tengo que esperar porque tengo permanencia jejeje

    Nada más, enhorabuena por tu blog! Saludos desde Ferrol!

  2. Cando un compara as características da carta de servizos no relativo á conexións de banda larga na Galiza, e basicamente no estado, co resto de Europa, os EUA ou Xapón, acaba caendo a pregunta de caixón ¿porque este evidente atraso?

    A maiores dos anos que nos sacan de vantaxe, en desenvolvemento das infotecnoloxías, algúns desos países, penso que a chave está en que no caso do estado español, unha empresa multinacional xurdida tralo pelotazo de regalar un monopolio natural como era o de Telefónica, non invirte o suficiente na rede, de titularidade pública (non o esquezamos), na que ofrece os seus servizos.

    Ao mellor o problema solventavase no caso de Telefónica, destinando menos recursos ás stock options e ao reparto de dividendos, para mellorar e ampliar a súa cobertura, destacadamente no apartado de banda larga.

    Sobre R... ao mellor é por excepcticismo leninista fronte ás regras do falso-libre-mercado das telecomunicacións, pero eu agardaría a ver o comportamento desta compañía galega cando conquiste maiores cotas de mercado... se cadra non se afastará demasiado das maneiras de raposa que ten Telefonica España.

  3. Luisinho says:

    Eu a verdade tamén creo que se R é tan competitivo é porque aínda anda á caza de clientes, e Telefónica xa ten millóns deles...
    eu teño R e ando moi contento co servizo, ademáis de que na centraliña te atenden por defecto en galego, que sempre ten o seu punto. :)

  4. Unknown says:

    Perdoade unha corrección. O piar básico da filosofía de R é o de prestar un servizo de calidade a prezos asequíbeis para a meirande parte da xente. Creo (e confío) que poden ser o suficiente serios para manter ese piar da súa filosofía intacto

  5. ¿lembraste da aparición de Airtel, agora Vodafone, nun mercado de telecomunicacións móbiles que só coñecía Movistar e Moviline ambas de Telefónica?

    Eu lembrome perfectamente das súas condicións competitivas, das melloras que introduxo no servizo, e mesmo dun servizo postventa de luxo...

    Que pasou cando o monopolio das operadoras móbiles de Telefónica cederon terreo a Airtel? Que Airtel homologouse en aspectos á competencia.

    E coa chegada de Amena? Volta a empezar.

    O obxectivo de calquer empresa é maximizar beneficios minimizando custos. E R non é unha misión patriótica, é unha empresa privada.

  6. Gata says:

    Eu teño que joderme e apañarme con Telefónica, que R non me chega a casa :_