Expandir contido

Por que?

Lin estes días o artigo Traxedia publicado por Xabier Pérez no seu blogue despois do accidente acontecido o pasado mércores en Barajas no que perderon a vida 153 persoas e no que outras fican feridas. E comento isto, porque casualmente eu pensara en escribir algo vencellado ao morbo informativo que suscitan este tipo de novas, pero xa non o vou facer, porque coido que ese artigo reflicte moitos dos meus sentimentos.

Quérome centrar na pregunta que se estarán a facer moitos dos familiares dos falecidos e feridos nese fatídico accidente: por que?

Por que falla? Por que non se cambia o avión se da un erro grave? Porque a min? Son preguntas que agora non teñen resposta para toda esa xente, e que cando a teña será dun tecnicismo tal que os que non estamos afeitos a termos de enxeñaría aeronáutica quedaremos como estabamos.

O peor é do que se vai

A cuestión que moito xornalista se fai agora é, son axeitadas as revisión que se lles fan aos avións entre voo e voo?

Pois sinceiramente, eu penso que a resposta debe ser afirmativa, xa que afortunadamente non temos novas dunha traxedia coma esta a cotío. Que pasa entón? Pois simplesmente, o que pasa é que cando hai un accidente aéreo as probabilidades de morte son máis elevadas e conmocionan á xente en maior medida. A ninguén lle extrana hoxe en día de que a cifra de mortos nas estradas sexa da orde dos milleiros, pero sí ficamos acobardadados cando vemos algo como o acontecido en Madrid.

Témome (como así será), que este accidente faga que Spanair perda moitos clientes por este problema. E non por Spanair en sí, senón polos traballadores da compañía que sufrirán perda de emprego. O máis responsábel é non mudar un ápice os nosos pensamentos e seguir adiante.

*Meu máis sentido pésame aos familiares das vítimas, e meu desexo de pronta recuperación aos feridos

2 Responses so far.

  1. Vivimos baixo a dictadura das matemáticas. Das cifras. Dos números grandes... unha mesma cantidade diluida en pequenas doses periódicas impacta menos...