Expandir contido

20 anos deixando pegada

Onte foi un día moi emotivo, a menos para min. E é que onte celebramos en Compostela a conmemoración do XX aniversario de Galiza Nova, a organización das mocidades do Bloque Nacionalista Galego.

Preto das oito do serán, fomos entrando cara o salón de actos da Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago. Aló, o discurso de Iria Aboi foise mixturando coas actuacións de Roberto Sobrado e a súa banda (Sobrado e banda) e Os Diplomáticos de Monte Alto, que encabezados por Xurxo Souto e tras 12 anos sen subir aos escenarios, non dubidaron en actuar nesta conmemoración.

Ademais exhibiuse parte do vídeo conmemorativo do XX aniversario, no que diversas compañeiras e compañeiros foron explicando como foron os comezos da organización xuvenil nacionalista. Sen dúbida un documento de sumo interese.

Finalmente e como colofón final fomos cear ao Restaurante Vía da Prata, en Boqueixón, onde degustamos un cundente menú, mágoa de perder o chupito por ter que conducir...

O vídeo: Ghaiteiro, dos Diplomáticos de Monte Alto

One Response so far.

  1. Denébola says:

    Maldito PP que lle sacaron o programa ao Xurxo Souto... en fin. Comeza a ditadura de novo!