Expandir contido

Novo spot de Vivamos como galegos

Onte vin de casualidade nunha web un anuncio que invitaba a visualizar o novo spot da campaña que Gadis iniciou o pasado ano baixo o nome de Vivamos como galegos!, que supuxo toda unha revolución entre os que se sentiron identificados co que nel se contaba.

Pero cómpre lembrar, que hai un ano, cando todos estabamos a ver aquel anuncio do home montado no cabalo e sentíndonos orgullosos de seren galegos, o Gadis nin tan sequera tiña a web do seu supermercado virtual no noso idioma, o que supuxo unha campaña da Ciberirmandade da Fala instando a que o empregasen. Parece que Gadis tomou nota da reivindicación (parabéns) e á hora de lanzar esta nova campaña xa dispón de supermercado online no noso idioma.

One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Xenial!! Xenial o anuncio, e tamén o do precursor!!!

    www.vivamoscomogalegos.com