Ibiza tunning
Que non leve a confusión o título que leva esta anotación do blogue.
Non. Non lle puxen unhas novas llantas ao 'meu' coche. Tampouco un alerón para facelo máis aerodinámico. O das pegatinas coas fogaradas polos laterais tampouco me parece que lle fosen a quedar ben. E unha equipa de audio costa o seu...
Deixareime de roios: o que fixen foi mercar un trebello destes, que non é máis que unha cinta de cassete cun cable ao que poder conectar o mp3, para poder escoitar a música do reproductor portátil na equipa de son do automóbil. Vale, xa sei que non é novidade ningunha e que este trebello ten máis anos ca matusalén. Pero, que lle imos facer? Fíxome ilusión poder escoitar a miña música cunha cousa tan sinxela.Non. Non lle puxen unhas novas llantas ao 'meu' coche. Tampouco un alerón para facelo máis aerodinámico. O das pegatinas coas fogaradas polos laterais tampouco me parece que lle fosen a quedar ben. E unha equipa de audio costa o seu...
Confórmome con pouco.
Curso de ética periodística:
Se queres pór un titular bon que atraia a audiencia faino, pero que o corpo da nova teña algo que ver co titular!!
:P XDDDD
Unha aperta!!