Quero galego!
![](http://310441751298892736-a-queremosgalego-org-s-sites.googlegroups.com/a/queremosgalego.org/queremos-galego/material/queremosgalego_manifestacion18outubro2009_banners125x125.gif?attachauth=ANoY7co6s4iH5HD9F64DoqoN1MJPv4ofZUN7nHxU-M3sPDgUUM0ngRMhhVTYyKn3kLQMlroM9zvBGrZiuJvULEV9z6YwhsFg5J4dLRTlmYQrlW5YIwEXPY0Dj5b7Bfkdu-t8LVp1JzrO_2R8cpv08-jDV9Kjk1n9y1m5d5z7SdTrKVLEA9V0as9hm0KPYjLvOJ3d3Gk55RIWiaopjwSwbI9x6SjGlDOY7pSvYRloF3Gg6FHlafZK7Fyy5FdtlWikLFB_lNgiXlDXa7zaOZAvSs2NXvg8R4Xeqw%3D%3D&attredirects=0)
Asemella que aquel dito de Galiza is different faise realidade na nosa Nación, xa que dende que o Sr. Feijóo e a súa tropa aterraron na Xunta as medidas antigalegas cóntanse por moreas. Mais non só na Xunta, tamén a través da Deputación de Pontevedra, subvencionando actividades de Galicia Bilingüe nas que só contaron con expertos da opresión lingüística en Catalunya e Euskadi.
Por iso é importante que este domingo 18 todos e todas fagamos un esforzo por achegármonos a Compostela, por apoiar a manifestación convocada por Queremos Galego e por berrarlle a este goberno que defenderemos o noso dereito a vivírmonos en galego, porque nos gosta, porque nos peta e porque nos da a gana.
Eu tamén quero galego. Vémonos en Compostela.
E a ver se non chove....que case sempre e que sí.
Bk
Berraremos "quero galego" por todA Compostela. E se fai falla, chegaremos berrando ata a rúa de S.P.