Expandir contido

Haberá Firefox 3 en galego para o Día da Patria


Estes días estase a falar moito da nova versión do navegador estrela da Fundación Mozilla, o Firefox 3, que inclúe como grande novidade a mellora do xestor de descargas, incluíndo a continuación de descargas inacabadas ou o menor uso da memoria RAM, liberando un chisco máis aos ordenadores.

Dende Mancomún, iniciativa galega polo software de balde, coordinouse a traducción das cadeas de texto elaboradas por voluntarios. A traducción total, xa foi enviada á Fundación Mozilla, que deberá dar paso ao testaxe do programa.

Algunhas estimacións aseguran que poderemos desfrutar da versión oficial do Firefox 3 na lingua de Galiza ao redor do 25 xullo, Día da Patria, un mes despois do día de lanzamento oficial do Firefox, o Download Day, fixado para o 17 de xuño.

Editado: Se queredes, podedes ter o Firefox 3 xa en galego de maneira "non oficial". Para ilo, só tedes que descargar o "paquete de idioma" que elaboraron dende Mancomún, clicando aquí. Para instalalo, simplesmente teredes que arrastralo até unha ventá aberta do Firefox e se autoinstalará

One Response so far.

  1. Saúdos dun nacionalista do Valadouro. Parabéns polo teu blogue. Mándoche o enderezo do meu: http://desfacendooscadullos.blogspot.com