Expandir contido

Cun pé na Grande Bretaña

Cando xa me atopo cun pé en Galiza e con outro nas terras londinenses chega unha nova de última hora: Ryanair cancelará as reservas de centos de viaxeiros. Cando lin isto quedei branco: Eu regreso con Ryanair! Pero por sorte (por sorte para min), eu non son do grupo de "escollidos" aos que Ryanair quere amargar as vacacións. En realidade, esas cancelacións "só" serán para billetes adquiridos a través de páxinas web adicadas á xestión de viaxes, como eDreams.


Pero en fin, indo xa ao que quería comentar, o feito de que esta vez Carmen escollese Londres como destino para o seu curso de inglés non é algo casual. Cando soubemos que este ano era bolseira das becas que agora ofrece o Ministerio de Educación para estudar inglés no extranxeiro, puxémonos a mirar posíbeis destinos nos que o prezo do billete non fose excesivamente caro. E Londres é un dos lugares English spoken máis accesíbeis, a lo menos dende os aeroportos de Galiza, grazas á sucesiva entrada das aeroliñas de baixo custo.

E digo que miramos iso cun obxetivo: que eu tamén puidese ir algún día a "facerunha visita". E así foi, ao final contratou un dos cursos na capital británica, e eu irei agora do 14 ao 19, para regresar xuntos.

Non é a primeira vez que estou en Londres. A outra foi aló no xullo do 2002, cando tiña 16 anos. A dicir verdade, no que é Londres pouco estiven. Daquela fora un curso de inglés e quedara cunha familia (da que teño un grato recordo, todo hai que dicilo) en Cambridge, concretamente na rúa Metcalfe Rd. E ao que é Londres en sí só se lle adicara un día, que nos levaran de "excursión". E claro, xa podedes imaxinar o que se pode facer nesa cidade nunha soa xornada: sacar as fotos nos sitios típicos e montar no autobús para voltar ao "campamento base".

Desta vez botarei dende o xoves até o martes, co que saen catro días completos a desfrutar do que ten que amosar a capital londinense. Serán uns días bastante especiais, porque tamén serán a un paso de facer ano e medio.

En fin, que xa non queda nada! Á volta contareivos como foi a viaxe, que vin ou deixei de ver, etc!

4 Responses so far.

  1. Nesiña says:

    Bueno! vexo que ti xa estiveches en Londres, e máis dunha vez. Así que, a próxima vez que vaias a ver logo se che coincide ver un espectáculo do ballet nacional e ves logo á miña prima, que a verdade é que por un espectáculo deste ballet, si vale a pena ir a Londres.

  2. Luisinho says:

    É dicir, que ti viñeches como un dos rapaciños que agora levo eu!! XDDD Quen o diría, seguro que non tiñas monitores tan chachis coma min!!
    Eu tamén vou ir só un día a Londres con 3 horas de bus de ida e outras 3 de volta, así que vai ser unha shit, pero a ver se en breves se volve...
    See you in London!

  3. q envexa!!!! teño moitisimas ganas de coñecer Londres... deste ano non pasa!!!

    pasao ben, e desfrute do merecido descanso

    unha aperta, camarada.

  4. Luisinho says:

    E ao final non nos vimos... como era de esperar polas regras da combinatoria.
    Talogo! Pasao ben!