Expandir contido

www.iagovarela.eu

Por fin!

Chegou o día! Hoxe, despois algún tempo de meditación decidín cambiar unha pequena parte dos meus cartiños electrónicos aforrados na conta de PayPal por unha suscrición dun ano (que agardo seguir renovando) cun dominio propio para o meu blogue, para facilitarvos as cousas: www.iagovarela.eu

O que cicais me costou un pouco máis foi decidirme por cal escoller. Había unha oferta moi tentativa (un 80% máis barata que esta) co .info, mais non acababa de ver que este fora o dominio axeitado.

Pero non sei, o .eu ten algo que ao meu antollo asemella galego, "Eu, Iago Varela". Así que xa sabedes, agora para entrar no meu blogue, terédelo moito máis doado: www.iagovarela.eu e para contactar iago@iagovarela.eu

4 Responses so far.

  1. Tomo nota do novo dominio jejej... Parabéns, e boa elección.

    Unha aperta compañeiro.

  2. Anónimo says:

    ... ? ...

    gústame

  3. Anónimo says:

    A imaxe coa nova URL é unha pasada!! Preciosa!!! Ría de Ares???

  4. Unknown says:

    É o solpor que fotografamos ao regreso das Illas Cíes