Expandir contido

A importancia de normalizar, tamén no sexo

Sempre que fago a viaxe de Vigo a Cabanas pola volta, é dicir, evitando as autoestradas e os preto de 13 euros que clava Audasa, chámame a atención un cartaz dun clube de alterne ás aforas de Padrón.

É e que me lembra a unha conversa que mantiven hai algún tempo con alguén (confésoo, non recordo claramente quen) que dicía que o galego estaba certamente en crise, dende o punto de vista de que a xente non pensaba en galego á hora de manter relacións sexuais.

De seguro que isto mesmo pensou a/o dona/o deste clube, cun nome ben galego, A Raposeira, e tamén o cartaz que anuncia correctamente o Aparcadoiro, non como en moitos lugares públicos e dependentes dos concellos nos que se erroneamente se direccionan parkins e aparcamentos.



One Response so far.

  1. Anónimo says:

    Boa iago! xDD

    Rubén