Mallando, que é xerundio
Escribo esta entrada para anunciarvos unha boa nova, un nacemento: o de Mallando na e-ira, un novo proxecto no que me embarco da man de dous amigos e bloguers, Luís e Vítor.
Esta nosa primeira puntocom pretende dar saída a cuestións dun ámbito se cadra máis técnico dos que afondamos en cada un dos nosos blogues persoais e que fan medrar a nosa curiosidade e interese.
Quizais vos estades preguntando polo nome do blogue, por que Mallando na e-ira?
A primeira parte do nome vén de algo tan propio, tan tradicional, como A malla. Non só a malla como o feito de bater nun cereal para separar a semente da palla, senón como eses momento de vivencia en grupo, relacións interpersoais asociadas ao traballo.
E a segunda, a eira, como 'espazo de terra descuberto próximo á casa [...] sobre o que se pousan os cereais para separar o grao da palla', mais adaptado ao feito de ser unha eira online, é dicir, unha e-ira.
Agardamos que este novo espazo sexa do voso interese, así que xa sabedes, dádelle á malla!!

Moita sorte! Vémonos o sábado!