Expandir contido

Divertindo, que é xerundio.

Vigo. Hora punta. Imaxinade que vos ides mover pola cidade en metro (imaxinade tamén que Vigo ten metro). Na parada da Porta do Sol, baixa moita xente que vai cara a zona vella. As escaleiras mecánicas van colapsadas, mentres que polas 'manuais' apenas sube xente. Como invertir isto? Unha solución podería ser convertir estas escaleiras en teclas dun piano



Situacións coma esta son ás que prestan atención na web The Fun Theory: facer de cousas simples ou cotiás un divertimento: unha afombra tocadiscos, unha papeleira musical, ou un colector de botellas de vidro ao estilo arcade.

Así que non vos sorprendedes se ao abrir o colector de vidro soa unha musiquiña...

One Response so far.

  1. O mellor é o da papeleira, aínda que o das escaleiras é un punto a favor para evitar usar as mecánicas.

    Fiiiiiiuuuuuuuuuuuuuuu.... pom!!