Expandir contido

Faille un clic ao galego


  • Entre o 9 de abril e o 9 de maio poderedes sumarvos á iniciativa de integra-lo galego como a lingua do voso ordenador. Isto pódese facer de forma segura e de balde, decarregando as librarías de galego para as equipas con Windows Vista ou Windows XP, así como tamén para o Office 2003 e o Office 2007, dispoñíbeis dende aquí

Cómpre recordar, que esta iniciativa non é tan pioneira como asemella. Dende Mancomún lévase traballado moito pola adecuación do software libre (sen licenzas de propiedade) ao galego. Así, pódense descarregar as opcións de galego para o OpenOffice, para o navegador Mozilla Firefox e para moitos outros programas, que ademais de ser de balde, son bos e en galego.

Adiante!

2 Responses so far.

  1. Anónimo says:

    Eu xa o teño... grazas ó meu teleco particular :P


    Bicos. Quérote.

  2. Unknown says:

    Hola Iago son Juanje o administrador en funcións do Web-blog de USCEDUCACIÓN. Contoche...

    Desta vez usei unha plantilla xa existente das que se ponden descargar da web e cargar nun apartado do teu blog e logo fun modificando o código html...

    O código do blog aínda está provisional, faltan moitas cousas por engadir e modificar, pero dun xeito urxía entrenar o blog canto antes...así que pouco a pouco irán aparecendo máis cousas...

    http://www.vidadigital.net/blog/2006/09/12/plantillas-para-bloggers/

    Esta é unha páxina moi interesante con varios enlaces, espero que che sirva...

    Un saludo e grazas pola túa visita!!