Expandir contido

Queridos Reis Magos...

Achégase o Nadal, esa época de consumismo asaxerado. Entre as novidades tecnolóxicas deste ano, eu pediríalle aos Reis Magos as seguintes:

1.- Un Nexus S


O sucesor do Nexus One, un completísimo smartphone dotado da última versión de Android, Gingerbread. Verá a luz a mediados de decembro nos EEUU, e o 20 no Reino Unido. O resto do mundo terá que agardar.

O seu prezo 529 $. Máis información en Mallando na e-ira.

2.- iPod nano

8 ou 16 GB de música, radio FM, Genius... toda a música que queres no novo iPod de Apple, que ademais ten unha autonomía de 24h sen interrupción.

Dende 159 €.

3.- Blu:sens web:tv


Con este dispositivo pódese ter todo o contido multimedia do fogar centralizado, TDT, ver na televisión contido en liña... ademáis fabricado por unha empresa galega, Blu:sens. Máis información en Mallando na e-ira

O seu prezo: 149 €

4.- Globe Tips.



A solución para quen queira usar o seu smartphone táctil sen ter que sacar as luvas. Máis información na súa web (clic acó)

Prezo non dispoñíbel

5.- Camisola Android

E se queres gastar algo menos, por arredor de 15 € tes unha camisola Android. Hai centos de modelos, cuestión des escoller.

7 Responses so far.

  1. Unknown says:

    Pois si, pero xa era moito abusar xD

    Collería a Samsung Galaxy Tab

  2. Din que vai moi ben, pero non a puiden probar. Eu inclinaríame polo iPad, pero creo que aínda lle faltan cousas por corrixir. Nunha segunda versión seguro que está mellor.

  3. Unknown says:

    eu probeina en Simo e quedei encantado, polo tamaño, ideal para uso en mobilidade, e pola capaciade de personalizaión que ofrece android.

    o ipad véxoo máis para ler a prensa a casa

  4. Eu confórmome con 1 e 2. E das tablets irei cacharrear o xoves ao fnac, terana? Muahahaha

  5. Unknown says:

    Non creo que teñan a Galaxy Tab en Fnac, e se a teñen, non creo que a deixen probar

  6. Anónimo says:

    Merkur 20C Review: My Merkur 20C Review by XnX
    What is the Merkur 20C? 다파벳 A review of Merkur 20C by XnX 메리트카지노 - all reviews of this new model 1xbet korean and the Merkur 20C Safety Razor.