Queridos Reis Magos...
Achégase o Nadal, esa época de consumismo asaxerado. Entre as novidades tecnolóxicas deste ano, eu pediríalle aos Reis Magos as seguintes:
1.- Un Nexus S
O sucesor do Nexus One, un completísimo smartphone dotado da última versión de Android, Gingerbread. Verá a luz a mediados de decembro nos EEUU, e o 20 no Reino Unido. O resto do mundo terá que agardar.
O seu prezo 529 $. Máis información en Mallando na e-ira.
2.- iPod nano
8 ou 16 GB de música, radio FM, Genius... toda a música que queres no novo iPod de Apple, que ademais ten unha autonomía de 24h sen interrupción.
Dende 159 €.
3.- Blu:sens web:tv
Con este dispositivo pódese ter todo o contido multimedia do fogar centralizado, TDT, ver na televisión contido en liña... ademáis fabricado por unha empresa galega, Blu:sens. Máis información en Mallando na e-ira
O seu prezo: 149 €
4.- Globe Tips.
A solución para quen queira usar o seu smartphone táctil sen ter que sacar as luvas. Máis información na súa web (clic acó)
Prezo non dispoñíbel
5.- Camisola Android
E se queres gastar algo menos, por arredor de 15 € tes unha camisola Android. Hai centos de modelos, cuestión des escoller.
E non che tiran as tabletas?
Pois si, pero xa era moito abusar xD
Collería a Samsung Galaxy Tab
Din que vai moi ben, pero non a puiden probar. Eu inclinaríame polo iPad, pero creo que aínda lle faltan cousas por corrixir. Nunha segunda versión seguro que está mellor.
eu probeina en Simo e quedei encantado, polo tamaño, ideal para uso en mobilidade, e pola capaciade de personalizaión que ofrece android.
o ipad véxoo máis para ler a prensa a casa
Eu confórmome con 1 e 2. E das tablets irei cacharrear o xoves ao fnac, terana? Muahahaha
Non creo que teñan a Galaxy Tab en Fnac, e se a teñen, non creo que a deixen probar
Merkur 20C Review: My Merkur 20C Review by XnX
What is the Merkur 20C? 다파벳 A review of Merkur 20C by XnX 메리트카지노 - all reviews of this new model 1xbet korean and the Merkur 20C Safety Razor.